Monday 13 de May de 2024

O Concello e a Reserva organizan unha xornada de voluntariado ambiental no Pedrido


· Terá lugar o sábado 29 de abril en horario de 9:30 a 13:30 horas.

· Retirarase a flora exótica invasora, ademais de recoller o lixo.

· Para máis información e inscricións no departamento de Servizos Sociais do Concello.

O Concello de Bergondo, a través do equipo de voluntariado municipal, e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo organizan para o sábado 29 de abril unha xornada de voluntariado ambiental na praia do Pedrido.

Esta iniciativa levará a cabo de 9:30 a 13:30 horas e as persoas participantes dedicaranse a retirar a flora exótica invasora, ademais de recoller lixo e outros restos.

Para máis información e inscricións no departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo, a través dos teléfonos 981 791 252 ext. 4 e 629 104 568 ou no correo electrónico serezabel.rodriguez@bergondo.gal.